BOIRO> A patronal boirense presentaba esta mañá a súa nova campaña, esta vez co lema ‘Volta ao cole: Cada compra suma’.
Desenvolverase do dende mañá mércores, 10 de setembro ó 5 de outubro.
Pero ademais de ter coma obxectivo incentivar as compras no comercio local, a proposta terá tamén un fin solidario, xa que a ABE destinará por cada compra que rexistre o seu ticket na súa web dez céntimos que para a Cruz Vermella.
Dende a Cruz Vermella agradeceron este xest por parte da patronal local, xa que co recadado vai a permitirlles poder axudar a moitas familias que o necesitan nestes momentos.
A campaña cnta tamén co apoio do Concello, que ve nela unha forma de promocionar o comercio local.
A campaña chegará ó seu remate o día 6 de outubro cun sorteo final dun ordenador portátil HP entre tódolos tickets rexistrados.











