Os noieses recuperan o seu pasado nunha multitudinaria feira medieval
Noia pechou unha nova edición da Feira Medieval con gran éxito de público. A chuvia non afectou á afluencia de visitantes a pesar de que obrigou a suspender o desfile de fachos previsto para o sábado pola noite.
Boiromotos reunirá a unhas seis mil persoas esta fin de semana
Boiro acollerá esta fin de semana, do 25 ó 27 de xullo, a súa concentración moteira. Ademais das habituais exhibicións e da ruta mototurística, contará tamén con diversas actividades dirixidas a tódolos públicos. A iniciativa está organizada polo Club Boiromotos e conta coa colaboración do Concello.
Arde unha casa abandonada na Boliña
Arde unha casa abandonada na Boliña, en Boiro. O incendio rexistrábase onte domingo, ó redor das catro da tarde. Todo apunta a que foi intencionado. Na vivenda non residía ninguén, aínda que os veciños sinalan da presenza de ‘okupas’.
O goberno da Deputación pon en valor a súa xestión nestes dez anos de...
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, fixo hoxe balance dos dez anos de goberno de PSOE e BNG á fronte da institución provincial coincidindo co ecuador do actual mandato 2023–2027. Xunto ó Vicepresidente, Xosé Regueira, Gonzalez Formoso puxo en valor esta etapa, a que cualificou como unha década de transformación e progreso.
O antigo edificio okupa de Ribeira destinarase a vivenda pública
O edificio okupa das Abesadas destinarase a vivenda pública. O goberno central dá así resposta á demanda formulada polo concello de Ribeira que busca que tódalas propiedades da Sareb se poñan a disposición da cidadanía para frear a escalada dos prezos de alugueiro.
Os nenos da Pobra aprenden a importancia de coidar o ecosistema a través dunha...
A praia de Cabío acolleu unha xincana ambiental para concienciar ós máis pequenos sobre a importancia de coidar os ecosistemas mariños. Esta actividade, organizada polo concello da Pobra, está ligada ó distintivo da bandeira azul.
O PP de Boiro denuncia o abandono do cemiterio de Vista Alegre
O PP de Boiro denuncia o estado de abandono no que se atopa actualmente o cemiterio municipal de Vista Alegre. Os populares din recoller as queixas de moitos veciños que lle trasladaron xa o seu malestar por esta situación. Dende o PP pídenlle ó alcalde que actúe de forma urxente.
Os nenos en Porto do Son disfrutan un verán máis dos campamentos de verán...
Porto do Son oferta un verán máis o campamento da ‘Movida Urbana’. Na iniciativa coa que o Concello busca a conciliación da vida laboral e familiar, participan preto de 300 nenos de dades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
65 nadadores tomarán parte na travesía Arousaman entre O Grove e Ribeira
Uns 65 nadadores participarán na sexta edición do Arousaman, unha travesía a nado entre O Grove e Ribeira que se celebrará o sábado 26 de xullo. Esta proba busca sensibilizar á poboación sobre o dano cerebral adquirido ó tempo que recada fondos para axudar ós afectados e ás súas familias.
Ata un mes de espera para conseguir cita en atención primaria
Ducias de persoas volveron concentrase ás portas do centro de saúde de Ribeira para denunciar a falla de profesionais. Na actualidade, a falla de cobertura de vacantes unida ás vacacións, fai que a lista de agarda para ser atendido en primeira chegue a demorarse ata un mes.

















