RIBEIRA> O inicio do curso na comarca do Barbanza estivo marcado polas protestas. No CEIP O Grupo, de Ribeira, os membros da comunidade educativa concentráronse ás portas do centro para reclamar a incorporación dun titor que permita o desdobre en terceiro de primaria.
Tal e como xa fixeran o curso, a ANPA Santa Uxía do CEIP O Grupo de Ribeira, retomou as mobilizacións para esixir a dotación de mestres que permita manter un ensino de calidade. Sen ben a Consellería atendeu as súas demandas co incremento de especialistas non foi así co de profesores posto que unha das aulas de terceiro de primaria non conta con titor asignado.
Dende a ANPA critican ademais que a Consellería adoptase esta decisión a última hora, malia compromiso adquirido a finais do pasado curso de contar con mestres titores en tódalas aulas.
Ademais desta protesta, dende a ANPA xa remitiron un escrito á xefatura territorial solicitando o nomeamento urxente dun mestre. De non obter resposta, manterán as mobilizacións cada luns ás once e media ata conseguir a cobertura de tódalas prazas docentes.









