RIBEIRA> Aínda activo, despois de catro días ardendo, o incendio no ‘Awadi’ xa se dá por controlado.
Esta mañá os esforzos do persoal de emerxencias que aínda traballa na zona centrábase na retirada do material que aínda permanecía no barco como é o caso de parte do aparello.
Os bombeiros realizaron tamén as primeiras incursións no interior do arrastreiro para colaborar nas labores de baleirado dos máis de 30 mil litros de auga acumulada no barco, a maior parte dela contaminada por aceites e hidrocarburos.
O obxectivo, é evitar que acabe no mar, por iso se instalaron as barreiras anticontamación.
Ata a zona desprazouse esta mañá a conselleira do Mar, Marta Villaverde, para coñecer de preto, como xa fixera na tarde de onte o presidente de Portos, José Antonio Álvarez, a evolución dos traballos no ‘Awadi’. Alí destacou o importante traballo realizado polo persoal que participou no operativo de emerxencia.
A titular de Mar aludiu tamén ó futuro do barco. Segundo ela, polo de agora non se pode determinar o que pasará con el. Asegurando que o importante e mantelo a flote e evitar calquera posible episodio contaminante ó mar.











