Arranca en Ribeira o Encontro de Embarcacións Tradicionais máis internacional

Xa está en marcha o Encontro de Embarcacións Tradicionais que se celebra en Ribeira. Entre os numerosos participantes destaca unha delegación de carpinteiros de ribeira procedente de Chile que esta mañá foi recibida por representantes do concello.

O executivo sonense executará unha nova senda litoral entre o Fonforrón e a Arnela

O executivo sonense prevé a execución dunha nova pasarela polo beiril no espazo comprendido entre a zona do Fonforrón e a praia da Arnela. A actuación, cun custe de máis de 200 mil euros, será financiada con fondos europeos xestionados a través da Asociación de Desenvolvemento Rural da Ría de Muros-Noia.

Aguiño rende tributo á súa patroa, a Virxe do Carme

Aguiño volveu vivir unha das súas xornadas máis emotivas neste Día do Carme. Centos de veciños e visitantes participaron nunha das procesións marítimas máis multitudinarias posto que se sumaron tamén moitos barcos do Encontro de Embarcación Tradicionais que se celebra en Ribeira.

Ana Pontón reivindica en Aguiño políticas de rexeneración das rías para garantir o futuro...

A voceira nacional do BNG demandou esta mañá en Aguiño políticas de rexeneración das rías para garantir o futuro do sector do mar. Ana Pontón facía esta reivindicación na parroquia ribeirense a onde acudiu para participar na procesión marítima do Carme.

O concello de Ribeira habilita un novo aparcadoiro gratuíto na Avenida de Ferrol

Xa está operativo o novo aparcadoiro que o concello de Ribeira habilitou na Avenida de Ferrol. Trátase dunha explanada con capacidade para un cento de vehículos que se sitúa a apenas uns minutos a pé do casco urbano.

Torres Colomer e a asociación de xubilados de Carreira e Aguiño, percebeiros de honra

Xosé Luís Torres Colomer e a asociación de Xubilados de Carreira e Aguiño serán distinguidos como percebeiros de honra. Así o anunciou o patrón maior de Aguiño na presentación da festa do percebe que se celebrará o domingo 27 de xullo.

Mar anuncia as obras de mellora do abrigo do peirao e a ampliación de...

A conselleira do Mar, Marta Villaverde anunciou esta mañá en Portosín o inicio das obras de mellora do abrigo do peirao e a ampliación de atraques deste porto. A actuación, que será executada por Portos de Galicia, conta cun orzamento de preto dos 2’2 millóns de euros.

O PSOE de Rianxo solicita un pleno extraordinario para abordar as eivas en materia...

RIANXO> Aínda que é un tema no que o Concello non ten competencias, os socialistas entenden que é o suficientemente importante como para ter...

Sete nenos saharauis pasan o verán con familias de acollida en Rianxo

Sete nenos saharauis están a pasar o verán en Rianxo no marco do programa Vacacións en Paz que promove SOGAPS. Os cativos e as súas familias de acollida foron recibidos esta mañá na casa do concello por membros da corporación municipal.

O PP de Boiro denuncia o abandono do sendeiro do Río Breiro a Berres

O PP de Boiro denuncia o mal estado en que se atopa o sendeiro entre o Río Breiro e Berres. A falla de mantemento provocou que a maleza invada parte do camiño dificultando o tránsito.

REDES SOCIAIS

40,739FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete