Boiro clausura o obradoiro de emprego Medioambiental Torre Goiáns IV

BOIRO> O alcalde de Boiro, Xosé Ramón Romero, xunto co concelleiro de Formación e Emprego, Roberto Lojo, e o xefe do servizo de Formación de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, Alberto Linares, participaron esta mañá no viveiro de empresas no polígono de Espiñeira no acto de clausura do Obradoiro de Emprego Medioambiental Torre Goiáns 4 que se veu desenvolveu ó longo deste último ano.

Na experiencia formativa tomaron parte un total de 20 alumnos divididos nas especialidades de Instalación de elementos de carpintería e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.

Durante os nove meses que durou o obradoiro o alumnado recibiu formación teórica e tamén practica, desenvolvendo tamén traballos de conservación e valorización do Camiño A Orixe ó seu paso polo municipio; traballos de consolidación de frondosas en Goiáns, Abanqueiro e Valiño; mellora das faixas contra incendios en Brión; e tarefas de mellora dA canle do río Coroño.

Para levar a cabo o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns 4 o Concello contou cunha subvención da consellería de Emprego, Comercio e Emigración por un importe de preto dos 412 mil euros.