Aprobadas as dedicacións do novo goberno noiés

NOIA> Ó visto na sesión de onte, albíscase un mandato tenso na política noiesa ata os vindeiros comicios municipais.

O cruce de acusacións entre os dous bloques, o que asumiu o goberno trala moción de censura, e o saínte, especialmente a bancada popular, foi contínuo.

E para exemplo o pleno de organización celebrado na tarde de onte.

O Partido Socialista e a Marea lograron sacar adiante finalmente a súa proposta de organización do novo goberno. Para facelo, ademais dos votos favorables dos edís dos dous grupos, contaron co apoio do concelleiro do grupo de non adscritos, Luís Alamancos, e o BNG. A súa proposta establece tres dedicacións exclusivas, a do alcalde, Francisco Pérez, que cobrará uns 42 mil euros anuais, e a dos edís Manolo Seijas, 39 mil, e Sandra González, 30 mil; e unha parcial a do concelleiro Abel Pan que recibirá unha retribución duns 15 mil euros.

Para o PP o novo goberno sairá máis caro que o anterior.

Algo que negaron contundentemente dende o grupo de goberno.

Entre outras cuestións tamén se aprobou a proposta de composición e retribucións polas asistencias ás comisións , que se verá reducida tamén de 150 a 120 euros.