Boiro chega ó ecuador das súas festas co Día das Peñas

As peñas volveron tomar Boiro este luns nun dos días grandes das súas festas. O parque da Cachada acolleu durante toda a xornada xogos e competicións do máis disparatado que deron paso a unha sesión DJ. Houbo tamén actividades para os máis pequenos cunha gran festa infantil.

A delegada da Xunta supervisa o avance da Duna de Corrubedo trala retirada do...

A delegada territorial da Xunta na Coruña supervisou esta mañá o estado en que quedou a contorna da gran duna de Corrubedo trala retirada da vexetación que freaba o seu avance. Acompañada do xefe de Servizo de Parques Naturais tivo ocasión de comprobar o bo resultado trala eliminación dos piñeiros que ameazaban o ecosistema coa creación de dúas novas linguas de area.

A influencer Dunatoker reclama ó concello de Boiro que habilite unha praia canina

A creadora de contido Dunatokker leva máis de catro anos reclamando que se habilite unha praia canina en Boiro. A pesar do compromiso adquirido polo concello, denuncia que non se ten feito nada ata o momento o que supón unha discriminación para as familias con mascotas.

Os implicados na liorta multitudinaria de Artes declaran en Ribeira entre fortes medidas de...

Os detidos pola pelexa multitudinaria de Ribeira pasaron esta mañá  a disposición xudicial en Ribeira entre fortes medidas de seguridade. A pesar do amplo dispositivo policial despregado da zona, a xornada transcorreu con normalidade e sen apenas presenza de familiares dos dous clans enfrontados.

O pintor granadino Manuel de Hueso inaugura a súa última exposición en Porto do...

Hai uns días inaugurábase na casa de cultura de Porto do Son unha exposición de pintura co título ‘El arte en busca del sueño perdido’ da que é autor o artista granadino, aínda que afincado na localidade, Manuel de Hueso.

Ribeira programa cinco días de festa con gran presenza da música e citas tradicionais

O concelleiro de Festexos facía estas declaracións na presentación do programa das festas do verán. Independentemente das dificultades para instalar as atraccións, Ribeira contará cun cartel de actuacións de primeiro nivel para tódolos públicos.

Aguiño retoma as mobilizacións pola falla de médicos

Esta mañá volvían as protestas ó centro de saúde de Aguiño. os veciños concentráronse novamente ás portas do ambulatorio para reclamarlle á consellería de Sanidade a cobertura total das dúas prazas de médico de familia que traballan neste centro de saúde.

Portos segue sen autorizar a instalación das festas de Ribeira tras novos requirimentos ó...

O concello de Ribeira descoñece aínda se poderá instalar as festas no recheo portuario. Portos de Galicia ven de requirir a subsanación de varias cuestións técnicas que o executivo local procedeu a emendar. Consideran, sen embargo, que se trata de escusas por parte do goberno autonómico para dilatar o procedemento e impedir finalmente a instalación.

Desartellado un punto de venda de droga que operaba en pleno centro de Boiro

A Garda Civil de Boiro desartella un punto importante de venda e distribución de droga na localidade. Foi no marco da operación ‘Jalea Real’. O operativo saldouse coa detención dun total de oito persoas, e  a investigación de outras dúas. Nos rexistros realizados os axentes do Instituto Armado interviñeron unha gran cantidade de substancias preparadas para a súa venda, principalmente heroína, cocaína e de haxíx.

A ría de Muros-Noia será escenario do I Campionato Galego de Wingfoil

Baixo a organización do Real Club Náutico de Portosín e a Federación Galega de Vela esta vindeira fin de semana, sábado e domingo, disputarase en augas da ría de Muros-Noia a primeira edición do Campionato Galego de Wingfoil. Na proba competirán máis dunha vintena de participantes.

REDES SOCIAIS

40,738FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete