PORTO DO SON> A ría de Muros-Noia acollerá esta fin de semana a undécima edición do Trofeo Pitusa Sabín – Regata Mar de Finisterre. A proba, na que participarán unhas 40 embarcacións, será puntuable para o Campionato de España de Cruceiros, a Copa de Galicia e o Trofeo Presidente da Xunta.
Unha nova edición do Trofeo Pitusa Sabín congregará en augas da ría de Muros Noia a máis de trinta embarcacións que disputarán a regata durante esta fin de semana. Na xornada do sábado, os barcos da clase ORC percorrerán un trazado costeiro próximo 40 millas náuticas entre Portosín e Fisterra mentres que a categoría open regateará polo interior da ría. O domingo realizarán un percorrido barlovento-sotavento polo interior da ría. Estará condicionado polas prediccións meteorolóxicas.
Esta proba nacía hai 37 anos baixo a denominación de Regata Mar de Finisterre e hai 11 que sumou o trofeo Pitusa Sabín grazas ó seu patrocinador Jacinto Hernández e á súa dona.
A proba será clasificable para o Campionato De España de Cruceiros, a Copa de Galicia e o Trofeo Presidente da Xunta.











