O PP de Boiro critica a deficiente xestión municipal da rede de abastecemento de auga

BOIRO> As medidas de carácter paliativo tomadas polo executivo local nas últimas semanas de cara a garantir o servizo de auga municipal, a través do corte do subministro nas duchas das praias e nos sistemas de rego municipais mentres se manteñan os niveis baixos nos depósitos do Concello, non son para o PP máis que un exemplo da mala xestión do actual goberno municipal.

Segundo os populares estas medidas repítense ano tras ano, sen que se faga nada por remedialo…

O PP pídelle ó goberno municipal que se centre realmente nos problemas que lles preocupen ós veciños, e non en grandes obras como é o caso da ampliación da casa de cultura ou a nova urbanización de Barraña, que, segundo eles, non deberían ser actuacións tan prioritarias.

Dende o PP reclámanlle tamén que dunha vez por todas poña fin ás conexións ilegais á rede municipal de abastecemento.

O PP denuncia tamén o estado de abandono no que se atopan as actuais instalacións dos depósitos municipais, en Boiro de Arriba, totalmente en precario.