A Pobra solicita o apoio da Xunta para a posta en valor do castro da Croa

POBRA> O castro da Croa de Posmarcos é un dos xacementos máis singulares da comarca, cunha localización estratéxica.

Despois da súa adquisición por parte do Concello, ó atoparse nun terreo particular, o executivo local iniciou unha serie de pequenas actuacións co obxectivo de garantir a súa conservación e posta en valor.

Agora coa finalidade de seguir avanzando no seu estudo, o alcalde, José Carlos Vidal, vén de solicitar o apoio da Xunta para promover novas investigación, aproveitando o ben conservado que se atopa o xacemento e o gran potencial que ten para mellorar o coñecemento da Idade de Ferro en Galicia.

O rexedor confía en que a Xunta atenda a súa solicitude, xa que se trata segundo el dun proxecto de gran interese, xa que permitirá poñer en valor un dos grandes tesouros patrimoniais do municipio.