BOIRO> Coa presenza do alcalde, Xosé Ramón Romero, e os presidentes dos dous clubs organizadores Javier Ruiz de Cortázar, do náutico de Portonovo, e Jesús Babío, do Náutico de Barraña, presentábase esta mañá en Boiro a edición número 29 da Regata Cenor.

A proba terá lugar esta vindeira fin de semana, e constará de dúas etapas. O sábado arrancará de Portonovo e o domingo farase o viaxe de volta.

Na proba está prevista a participación de máis dunha vintena de embarcacións, a maioría delas de Clubs da zona.

O alcalde agradeceu ós dous clubs a súa implicación na organización desta cita que se repite ano tras ano, que se encadra ademais perfectamente na aposta do Concello polo deporte da vela en particular e o turismo náutico en xeral.