A Deputación da Coruña compromete o seu apoio ó Festival de Murais Salmoira de...
O Festival de Murais Salmoira de Ribeira contará o próximo ano cunha achega económica da Deputación. Así o anunciou o vicepresidente do organismo provincial e responsable de Cultura, Xosé Regueira, nunha visita realizada esta mañá para coñecer as novas obras desta edición.
Porto do Son estrea servizo de estimulación cognitiva da man de AGADEA
O concello de Porto do Son estrea unha unidade de estimulación cognitiva para persoas con demencia. O servizo, impartido por AGADEA, busca retrasar o deterioro dos doentes así como ofrecer asesoramento e apoio ás familias.
Noia acollerá este domingo a Mini BTT Ría de Noia
A Peña Ciclista Toxo organiza este vindeiro domingo 6 de xullo a segunda edición da Mini BTT Ría de Noia. Na proba agárdase unha participación próxima ós 300 nenos.
Temor en Ribeira trala pelexa mortal entre dous clans xitanos
RIBEIRA> Un morto, máis dunha ducia de feridos de diversa consideración e seis detidos. Este é o balance da multitudinaria liorta rexistrada este martes...
O PP recolle o malestar dos traballadores municipais polo retraso no pago da última...
O PP de Boiro faise eco do malestar dos traballadores municipais polo retraso no cobro da súa nómina deste mes de xullo, e a correspondente paga extra. Os populares sinalan que é a primeira vez na historia do Concello que se dá este caso.
O Conselleiro de Xuventude destaca en Porto do Son o incremento de prazas nos...
O Conselleiro de Xuventude inaugurou os campamentos que promove a Xunta durante o verán. Fíxoo en Porto do Son, nas instalacións do campamento do Loreto, que recibiron xa á primeira quenda de mozos procedentes de diversos puntos de Galicia e mesmo doutras comunidades.
Traballadoras do SAF de Boiro denuncian a precarización do servizo
Traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Boiro denunciaron esta mañá a súa precarización, tras a nova licitación da xestión do servizo por parte do Concello. Dende a CIG, que apoia ás traballadoras, advirten que esta situación terá consecuencias graves para os usuarios do mesmo que sufrirán unha merma na calidade do servizo.
O pleno de Ribeira apoia as demandas da Plataforma para cubrir as prazas médicas...
Acordo unánime do pleno de Ribeira para solicitar a incorporación de médicos e a cobertura de tódalas vacantes, no centro de saúde, a raíz dunha moción presentada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza. Na sesión, o alcalde anunciou tamén a inminente publicación do estudo alternativo da variante de circulación do municipio.
O Museo de Ribeira amplía a súa programación durante o verán
O concello de Ribeira promove unha serie de actividades ó longo deste verán que dan continuidade á programación anual do museo municipal. Trátase das visitas teatralizadas das Heroínas de Sálvora e o obradoiro ‘Cóntoche un traxe’.
Uns vinte barcos tomarán parte este sábado na XIV Regata Congalsa
Este sábado 5 de xullo terá lugar a catorce edición da Regata Congalsa que organiza o Club Náutico e Deportivo de Ribeira. A proba destinada á Clase ORC dos Regata, Cruceiro/Regata e Cruceiro, reunirá a unhas vinte embarcacións chegadas dende diferentes clubs da zona.

















