RIBEIRA> Máis de medio cento de veciños volvían a concentrarse, como cada xoves da semana, na concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza ás portas do centro de saúde de Ribeira.
Lonxe de resignarse, seguen en pé na súa loita, reivindicando a cobertura total das prazas de médico neste ambulatorio.
A situación xa comeza a ser insostible, e a lista de agarda para conseguir unha cita médica, debido ó déficit de facultativos supera xa os quince días.
Din que continuarán coa súa cruzada contra a Consellería, co fin de garantir un servizo que consideran vital e necesario, facendo unha chamada ó resto da veciñanza a sumarse a súa loita, xa que o que reivindican é polo ben de todos.










