Chega a Ribeira unha nova edición do Festival ‘Salsa na Rúa’

RIBEIRA> Ribeira prepárase un verán máis para acoller o Festival Salsa na Rúa’, organizado pola Asociación Cultural e Recreativa Haveira e a Escola El Tomasón.

Será os días 29 e 30 deste mes de agosto e desenvolveranse na rúa Alcalá Galicia e no Malecón.

A cita reunirá a máis de 130 bailaríns, algún deles de renome, chegados dende diferentes puntos da xeografía nacional, aínda que haberá representación de República Dominicana, Nicaragua e mesmo Senegal.

Dende o Concello, que colabora coa iniciativa, que cumpre ademais o seu 15 aniversario, destacaron a importancia deste tipo de actividades.

Dende a organización convidan a todos a asistir ós diferentes shows, agradecendo tamén a colaboración do Concello que fai posible a realización do festival.