O PP de Boiro esixe explicacións ante os presuntos positivos en alcoholemia de membros...

O Partido Popular de Boiro esixe ó concello explicacións sobre os presuntos positivos en alcoholemia de dous integrantes do executivo. Os populares fanse eco dos rumores que hai varias semanas circulan por redes sociais, demandando dimisións ante un feito que cualifican de extremadamente grave.

Costas avanza no proxecto de rexeneración dos Areos

Hai varias semanas a Demarcación de Costas sacaba a exposición pública o proxecto de rexeneración da praia dos Areos, na Pobra do Caramiñal. A actuación, cun investimento total de dous millóns de euros, permitirá poder recuperar para uso público un espazo na actualidade degradado, incluíndo o derrube das antigas naves dos cataláns, que se atopan nun estado importante de ruína.

300 persoas correrán este sábado na Pobra contra a diabetes

A Pobra acollerá este sábado a cuarta edición da Carreira Solidaria ‘Móvete pola Diabetes’. No evento, organizado pola asociación Anedia e o Club Atletismo Barbanza, agardan reunir a máis de 300 corredores.

O Bon Terceiro de Víctor Carrión faise coa Regata Ramiro Carregal Rey

O Bon Terceiro de Victor Carrión faise coa regata Ramiro Carregal Rey-Gran Trofeo Faro de Corrubedo disputada esta pasada fin de semana en augas das rías de Arousa e Muros-Noia. Na proba, que chegou este ano a súa 25 edición, tomaron parte unha trintena de embarcacións de diferentes clubs náuticos da zona.

Boiro creará máis de 900 novas vivendas coa urbanización do Plan Parcial de Barraña

O concello de Boiro prevé aprobar o Plan Parcial de Barraña ó longo deste ano. O executivo está a axilizar a tramitación para poder dar luz verde ó proxecto que permitirá a construción de máis de 900 vivendas en pleno núcleo urbano.

O BNG reclama que se manteña o reforzo médico do PAC de Noia a...

O BNG reclama á Xunta o mantemento do reforzo médico no PAC de Noia. Os recortes no servizo supuxeron que este profesional tan só preste servizo os domingos e festivos, en horario de dez da mañá a tres da tarde e non de oito a dez, como facía antes da pandemia.

O PP de Boiro critica o endebedamento que suporá para os boirenses a reforma...

O PP de Boiro critica a aprobación dun crédito por valor dun millón e medio de euros para a reforma da casa da cultura da Cachada. Os populares denuncian que o concello vaia acometer un proxecto que pode chegar ós seis millóns sen ter comprometidos fondos para a súa execución, poñendo en risco a economía de tódolos boirenses.

A bandeira azul xa loce na praia de Lombiña-Cabío

A Pobra procedeu este mediodía ó izado simbólico da bandeira azul na praia de Lombiña-Cabío, coincidindo co inicio da temporada de verán. Por segundo ano consecutivo, o distintivo, que premia a calidade das augas e os servizos que ofrece, volverá a ondear neste areal.

A academia de baile Kitis Katis volve a organizar un festival benéfico

Un ano máis e a xa van cinco edicións, a academia de Baile Kitis Katis de Noia organiza o seu festival benéfico. Será o vindeiro 6 de xullo, ás sete da tarde, na Sociedade Liceo. Tódolos fondos recadados destinarase neste caso á obra social de Pediatría do Hospital Clínico de Santiago.

A Pousada homenaxeará a Javier Krahe no seu décimo cabodano

A Pousada da Galiza Imaxinaria en Boiro acollerá este sábado, 28 de xuño, un homenaxe ó músico madrileño Javier Krahe, cando se cumpren dez anos do seu falecemento. A actividade, que reunirá a un gran elenco de artistas, coincidirá tamén co seu último concerto no local boirense, celebrado meses antes da súa morte.

REDES SOCIAIS

40,738FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete