RIBEIRA> O presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez, vén de mostrar unha vez máis o seu malestar pola tardanza e a falla de implicación do goberno municipal para levar adiante unha actuación, como é a construción do novo polígono, para el fundamental, para o desenvolvemento futuro do municipio.
Martínez non entende como a día de hoxe aínda non se procedeu á adquisición dos terreos pendentes para poder executar o proxecto.
Por esta razón solicítalle ó Concello que dunha vez por todas axilice tódolos trámites necesarios que posibiliten a posta en marcha deste importante proxecto para a localidade.











