PORTO DO SON> Como é tradición, a segunda fin de semana de agosto, Porto do Son rendeu culto a un dos seus produtos gastronómicos estrela, como é o polbo.
Durante dous días, o sábado e o domingo, a vila converteuse en polo de atracción para os amantes deste manxar da nosa ría.
Da preparación, ó estilo tradicional, encargouse un ano máis o afamado polbeiro Veloso.
Como actividades paralelas, os asistentes puideron disfrutar tamén dunha exposición realizada pola Asociación de Redeiras de Porto do Son e de varias actuacións musicais, entre elas a da Banda da Balbina.











