A Xunta leva a cabo novas intervencións arqueolóxicas no Castro de Baroña

PORTO DO SON> O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou o castro de Baroña para comprobar a marcha dos traballos que se están a executar actualmente no xacemento.

Segundo explicou estanse a realizar diversas accións consistentes en sondaxes en dúas áreas, ademais doutras de mellora de mantemento e sinalética.

Toda unha serie de traballos que suman máis de 18 mil euros, e que se inclúen no Plan da actuacións arqueolóxicas que cada ano pon en marcha a Xunta e que neste 2025 suman máis 1,5 millóns de euros incluíndo máis de 80 intervencións en toda Galicia.

O alcalde, Luís Oujo, agradeceu este novo investimento que busca poñer en valor este espazo, incidindo na necesidade de mellorar o que é a accesibilidade e a regulación de visitas ó Castro.

Durante os últimos anos a Xunta de Galicia leva investidos máis de 400 mil euros en diversas actuacións arqueolóxicas neste xacemento, achegas que están a permitir, entre outros achados, coñecer a estrutura interior deste Ben de Interese Cultural.