POBRA> A concellería de Promoción Económica volve a organizar un verán máis a actividade de ‘Comercio á Rúa’ coa que busca darlle un maior pulo ó seu tecido comercial.
Na iniciativa, que se desenvolverá na praza do Emigrante dende o venres ó domingo, participan ó redor duns dez establecementos e negocios.
Ademais da actividade comercial, o evento completarase tamén con obradoiros e actuacións musicais co fin de incentivar as compras e atraer a maior público.
Durante a fin de semana a apertura dos comercios será ininterrompida, de 11 da mañá a 11 da noite.











