Rianxo enxalza ao mexillón

RIANXO> A carpa instalada no Campo de Arriba quedouse pequena para dar acubillo ás numerosas persoas que se achegaron a Rianxo para asistir á Festa do Exaltación do Mexillón.

A cita gastronómica, organiza pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo da localidade, en colaboración co Concello e a Xunta de Galicia, resultou todo un éxito.

Repartíronse unhas catro mil racións de mexillón preparadas de distintas maneiras, aínda que ó vapor, ó xeito tradicional, foi unha vez máis a que trunfou entre os asistentes.

Entre as autoridades presentas na festa, tamén se atopaba a conselleira do mar, Marta Villaverde, que non quixo faltar a esta cita gastronómica, apoiando ó importante sector mexilloeiro da localidade e por extensión ó da comarca, cunha base moi sólida na economía local.

Pero o verdadeiramente importante é que ademais de ser unha cita gastronómica de interese turístico, a festa ten tamén outro importante obxectivo, e ese non é outro que recadar fondos para o Club de Remo da localidade.