Os retos de futuro do sector empresarial, a debate na Pobra
A Pobra acollía na tarde de onte o segundo Foro Atlántico Empresarial. A xornada, organizada por Solo Empresarial do Atlántico, tiña coma finalidade abordar a situación actual e os retos de futuro nos parques empresarias de Galicia. Ademais da xerente da SEA, Beatriz Sestayo, o acto contou coa presenza do alcalde, José Carlos Vidal, e a subdelegada do Goberno en Galicia, María Rivas.
Tres recoñecidos muralistas encherán Ribeira de cor na segunda edición do Festival Salmoira
Ribeira segue a poñer en valor os seus espazos máis degradados cunha nova edición do Festival de Muralismo Salmoira. Nesta ocasión serán os artistas Mon Devane, Lidia Cao e Fernando Yálezos encargados de encher de cor as fachadas da vila...
Preocupación no sector pola entrada de marisco de fóra que venden coma galego
NOIA> O patrón maior de Noia mostrou a súa preocupación pola entrada de marisco foráneo, principalmente ameixa e berberecho, que, segundo el, o venden...
Un concerto dende os balcóns do Casino porá o broche de ouro ó Xuño...
O Conservatorio de Noia pecha o Xuño Musical cunha actividade do máis innovadora. Máis de 60 músicos ofrecerán un concerto dende os balcóns do Casino poñendo así o mellor broche de ouro ó presente curso.
Cae unha banda especializada en roubos a comercios en toda Galicia
Detida unha parella en Santiago especializada en roubos a comercios en toda Galicia. Foi no marco da denominada operación Bluehammer. A Garda Civil impútalles polo menos uns 51 roubos con forza en negocios de nove municipios das provincias da Coruña e Pontevedra, entre os que se atopan Noia, Padrón, Valga e Barro.
150 odontólogos daranse cita no Congreso Internacional de Implantoloxía da Pobra
A Pobra acolle esta fin de semana unha das súas citas profesionais máis importantes que xa se converteu nun referente en toda España. O Simposio Internacional de Odontoloxía traerá ata a vila a centos de profesionais atraídos polo alto nivel dos poñentes.
Os empresarios de Ribeira demandan a unificación dos dous pasos de peóns no Centenario
RIBEIRA> A Asociación de Empresarios de Ribeira insiste na necesidade de manter un dos actuais pasos de peóns na rúa Miguel Rodríguez Bautista. A...
O coworking da Pobra promove unha travesía do emprendemento para mulleres
Un grupo de 20 mulleres surcarán a ría de Arousa nunha orixinal travesía impulsado polo coworking da Pobra. O obxectivo é visibilizar e poñer en común o proceso que implica o emprendemento.
Nova oportunidade para afondar nos ‘Mitos e Lendas’ de Ribeira
O grande éxito colleitado pola segunda edición do Roteiro Mitos e Lendas levou ó concello de Ribeira a programar unha saída adicional para as persoas que quedaron fora. Será o 12 de xullo e xa están abertas as inscricións.
Rafa Moraña será o pregoeiro do Día do Orgullo en Ribeira
Rafa Moraña será o pregoeiro do Día do Orgullo en Ribeira que se celebra este sábado. Ademais do acto institucional previsto para mediodía haberá unha festa nocturna na Porta do Sol coa actuación de DJ Nell.

















