RIBEIRA> Tralo parón da pasada semana pola ponte festiva, a plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza retomou as mobilizacións para reclamar a incorporación de médicos no centro de saúde. Denuncian o incremento das listas de agarda en primaria polo que animan ós afectados a presentar reclamacións por escrito.
Unha consulta para renovar receitas no centro de saúde de Ribeira pode chegar a demorarse ata un mes.
Esta é a situación que denuncia a Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza que anima ós pacientes afectados a presentar queixas por escrito.
Temen que a situación se complique aínda máis durante o mes de agosto no que ó incremento de poboación derivado do turismo engádense as vacacións dalgúns médicos nun cadro de persoal xa insuficiente.











