NOIA> Para o alcalde, Santiago Freire, esta moción de censura presentada para afastalo da alcaldía non ten xustificación algunha, respondendo unica e exclusivamente a unha cuestión de oportunismo político.
Defende tamén a boa xestión económica levada a cabo estes anos, lonxe dos criterios expostos polos grupos que defenden a moción de censura, botando mans dos datos oficiais do Ministerio de Facenda que evidencian a boa saúde financieira do Concello.
Tamén fixo balance do que vai de mandato, destacando o elevado volume de investimentos ó longo destes anos que veñen a mostrar a boa xestión realizada dende o goberno municipal.
Freire deixará de ser alcalde o vindeiro 11 de agosto, data prevista para a celebración do pleno no que se debaterá a moción de censura na que con toda probabilidade será investido coma novo alcalde o socialista Francisco Pérez.
O cambio será, segundo Freire, un atraso para o desenvolvemento futuro da vila …e os grandes prexudicados serán os propios veciños.











