O PP esixe responsabilidades ó goberno de Ribeira tralo atraso na montaxe das atraccións

RIBEIRA> A pesar de que as atraccións das festas de Ribeira xa están instaladas, continúa a polémica ó redor do procedemento para lograr a autorización de Portos de Galicia. O PP pide explicacións ó alcalde pola presunta deixadez de funcións que obrigou a intervir tanto á oposición como a outros grupos do goberno.

As festas de Ribeira comezaron hoxe con normalidade a pesar da polémica xurdida en torno á instalacións das atraccións. Unha polémica da que os populares responsabilizan directamente ó alcalde acusándoo de mentir sobre a autorización e tentar anotarse un tanto que non lle correspondía.

Consideran que o labor do seu grupo, xunto co do PBBI, foi fundamental para lograr o cambio de zonificación amarela que permitiu a instalación das atraccións.

Ante a presunta crise aberta no goberno por esta polémica, o populares esixen responsabilidades ó executivo así como a reconsideración do reparto de competencias.