O PP insta ó goberno de Ribeira a consensuar unha nova proposta para o pago das subvencións nominativas

RIBEIRA> O PP de Ribeira insta ó goberno a buscar consenso para levar novamente a pleno a proposta de subvencións nominativas que non saíu adiante o pasado luns polos votos en contra dos populares e do PBBI.

A proposta foi rexeitada durante o pleno do pasado luns polos votos en contra non só do PP senón tamén do PBBI. O seu voceiro quixo aclarar os motivos que levaron ó seu grupo, que forma parte do executivo municipal, a rexeitar esta proposta. Ademais de superar o límite de gasto establecido posto que supoñía un incremento do 16 por cento, existe desacordo en canto á contía de tres das axudas contempladas na partida.

Aínda así, o tenente alcalde afirmou que están a traballar para poder aprobar unha nova proposta canto antes que permita facer efectivas as axudas a numerosas entidades sen ánimo de lucro que precisan do apoio do concello para seguir a desenvolver a súa actividade.