NOIA> Esta mañá presentábase a primeira edición do Torneo de Pickleball Concellode Noia.
A actividade, organizada pola concellería de Deportes, en colaboración coa Federación Galega de Tenis, desenvolverase na alameda, a partir das dez da mañá.
Trátase dunha nova modalidade deportiva xurdida en Estados Unidos que combina elementos do tenis, o pádel, bádminton e o tenis de mesa.
Habilitaranse un total de oito pistas debido ó gran número de xogadores participantes, distribuídos en sete categorías, senior e senior máis de 50, con xogadores chegados de toda Galicia, entre os que se atopan os mellores desta disciplina a nivel autonómico.
Dende o Concello animan a participar neste Torneo, dunha modalidade deportiva en auxe
Dende a organización quixeron agradecer tamén a colaboración das distintas empresas locais que coas súas aportacións fan posible a celebración deste torneo.








