RIBEIRA> 21 establecementos participarán na Feira de Oportunidades Viamare Stock que se celebrará entre o 8 e o 10 de agosto en Ribeira. Con motivo do vixésimo aniversario deste evento, a asociación de empresarios sorteará un vale de compra de 150 euros entre tódolos clientes.
O Malecón de Ribeira volverá converterse nunha feira de oportunidades entre o 8 e o 10 de agosto. 21 establecementos instalarán os seus postos para sacar á rúa os seus artigos con interesantes descontos.
Destaca este ano o sorteo especial organizado pola asociación de empresarios para conmemorar a vixésima edición. Será o domingo a mediodía e o agraciado levará un vale de 150 euros para gastar no mesmo día na feira.











