Rianxo instará á Xunta a cubrir as necesidades de persoal docente nos centros educativos

RIANXO> O concello de Rianxo instará á Xunta a cubrir tódalas necesidades educativas que veñen demandando as ANPAS e equipos directivos dos centros do municipio. A corporación aprobou por unanimidade esta proposta debatida nun pleno extraordinario demandando polo grupo socialista.

Durante a sesión extraordinaria, convocada a solicitude dos socialistas, saíu tamén adiante unha proposta sobre o servizo de atención temperá que se vén prestando dende principios de ano no municipio.

Dende o PSOE criticaron que tanto o BNG como Rianxo en Común cuestionasen a solicitude dun pleno extraordinario para debater estes puntos así como que se celebrase ás portas do mes de agosto, cando apenas hai actividade administrativa. A este respecto, os socialistas lembraron que é potestade do alcalde convocar a sesión, aclarando que puido terse celebrado moito antes.