Ribeira investirá 140 mil euros na pavimentación da rúa Castelao para reforzar a seguridade viaria

RIBEIRA> O concello de Ribeira adxudicou o proxecto de pavimentación da rúa Castelao, na parroquia de Aguiño. A obra, orzamentada en 140 mil euros, acometerase con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. Ten un prazo de execución de dous meses.

O concello de Ribeira segue a promover diversos investimentos nas parroquias co dobre obxectivo de reforzar os servizos no rural e garantir a seguridade viaria. Nesta liña, vén de adxudicar a pavimentación da rúa Castelao para o que foi preciso habilitar unha partida orzamentaria posto que o proxecto aprobado polo anterior executivo non contaba con dotación económica para o asfaltado.

Ademais da renovación do pavimento procederase á instalación de pasos elevados para garantir a accesibilidade universal e contribuír ó calmado do tráfico.

 Esta actuación vense sumar á renovación da rúa Francisco Lorenzo Mariño, xa en servizo, ou as de Praia da Ribeira e Luis Seoane, en execución.