Ribeira trasládalle a Portos unha proposta para o emprazamento das atraccións das festas
O executivo ribeirense segue erre con erre con Portos para poder emprazar as atraccións das súas festas de verán no lugar que ocuparon sempre, na zona do Malecón. O Concello presentoulle ó ente autonómico unha proposta alternativa, na que se garante o uso portuario. A pelota está agora no tellado de Portos que deberá autorizar ou non o emprazamento.
O BNG insta á Xunta a apostar pola produción de semente de bivalvo a...
O BNG insta á Xunta a promover instalacións dedicadas á semente de bivalvo de cara a favorecer a recuperación do marisqueo. Os deputados nacionalistas, Rosana Pérez e Óscar Ínsua, visitaron esta mañá o criadeiro que a confraría de Noia ten no Freixo para coñecer o proceso de produción.
Alumnos do PIE de Ribeira exploran novas vías de emprendemento a través do cooperativisimo
O viveiro de empresas de Ribeira acolleu esta mañá unha xornada informativa sobre o cooperativismo. Unha ducia de alumnos do Programa Integrado de Emprego coñeceron a vantaxes desta fórmula xurídica á hora de emprender.
Ribeira porá en marcha este verán un ciclo de cine mudo en varias praias...
O departamento de Turismo de Ribeira programa ó longo deste verán un ciclo de cine mudo. O visionado de grandes clásicos cinematográficos terá un atractivo engadido posto que se desenvolverá en areais da contorna.
Rianxo segue coas licitacións para ampliar a rede municipal de abastecemento
RIANXO> O executivo rianxeiro segue co seu plan de mellora de servizos coa licitación de varias actuacións que teñen coma principal finalidade a ampliación da...
O PSOE de Lousame reclama un maior control na execución das obras
LOUSAME> O pasado verán o executivo local realizaba o acondicionamento da estrada municipal entre Aldarís ó cruce de Burzó.
Unha actuación que tiña como principal finalidade...
Os veciños de Bealo organizan este domingo a súa ‘Muiñada’
Os veciños da parroquia boirense de Bealo presentan unha nova edición, a cuarta, da súa Muíñada. A cita terá lugar este vindeiro domingo á partir das cinco da tarde cun amplo programa de actividades nas que se inclúen exposicións, música e baile popular e ata unha merenda popular.
Ribeira súmase ás mobilizacións de SOS Sanidade Pública contra o incremento das listas de...
Como cada xoves, a plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza volveu demandar médicos ás portas do centro de saúde de Ribeira. Esta mobilización coincide coas convocadas en outros puntos de Galicia por SOS Sanidade Pública para denunciar a precariedade nos servizos de atención primaria e o incremento das listas de agarda.
As cantareiras Pan Sen Fron actuarán no VIII Festival Sons de Aguiño
Aguiño celebrará a oitava edición do Festival Sons organizado pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño. Contará coa actuación conxunta dos grupos Bailadela e Sete Linguas e o peche correrá a cargo de Pan Sen Fron, como agrupación convidada.
Portos e Concello reuniranse este venres para abordar a instalación das festas en zona...
O concello de Ribeira e Portos de Galicia tentarán achegar posturas trala polémica sobre o emprazamento das atraccións das festas. Este venres está prevista unha xuntanza entre responsables de ámbalas dúas administracións para buscar alternativas que permitan a instalación dos postos.

















