RIBEIRA> O segundo Festival de Muralismo Salmoira chegará á súa fin cun acto de clausura que se desenvolverá este sábado na Praza de España. Entre as creacións desta edición destaca o mural dedicado a Castelao, no 25 aniversario do seu pasamento.
Aproveitando o remate dos murais do Festival Salmoira e coincidindo coa celebración do ano Castelao, o concello de Ribeira desenvolverá este sábado un acto conmemorativo. Será a partir das doce na praza de España e, ademais de representantes municipais, contará coa presenza do presidente da Fundación Castelao ou o Secretario Xeral da Lingua.
Con este acto, o concello pon o mellor broche á segunda edición de Salmoira que este ano se compuxo de tres creacións. Unha delas, o mural de Castelao coincidindo co 75 aniversario do seu pasamento.
Trala presentación desenvolverase un coloquio cos artistas e unha actuación de varios grupos de cantareiras do concello; entre elas, As Garridiñas, as pandereteiras de Carreira, As Ferreñas ou Bailadela e Sete Linguas.











