Boiromotos reunirá a unhas seis mil persoas esta fin de semana

BOIRO> O Club Boiromotos, que estrea nova directiva, organiza esta vindeira fin de semana, do 25 ó 27 de xullo, a súa concentración moteira coa que agardan acadar os éxitos de edicións anteriores, tanto polo desenvolvemento das actividades como pola alta participación.

O punto de encontro para estes tres días será novamente o parque da Cachada, onde se desenvolverán a maioría das actividades.

Un dos apartados máis destacados serán as exhibicións de stunt e de coches radio control, algo xa habitual neste tipo de concentracións. Tampouco faltará a música e a tradicionais mexilloadas e a paella xigante para tódolos participantes.

Dende o Concello destacaron a importancia deste tipo de iniciativas que teñen unha gran repercusión económica no municipio.

Para máis información os interesados poden consultar a páxina web da organización www.boiromotos.com.