BOIRO> Unha chamada, ó redor das catro da tarde, alertou ós equipos de emerxencias, de que se estaba rexistrando un incendio nunha vivenda abandonada no lugar da Boliña, na parroquia de Abanqueiro.
Ata o lugar desprazáronse varias dotacións dos parques de Boiro e Ribeira que procederon á súa extinción.
Nun primeiro momento pensábase que puidese haber algunha persoa no seu interior, pero finalmente non foi así.
Aínda que polo de agora se descoñecen as posibles causas do incendio, todo apunta a que foi intencionado, xa que a vienda aínda que está abandonada, había presenza a diario de ‘okupas’.
Ademais dos bombeiros, participaron tamén no operativo Garda Civil e Policía Local de Boiro











