RIBEIRA> O edificio okupa das Abesadas destinarase a vivenda pública. O goberno central dá así resposta á demanda formulada polo concello de Ribeira que busca que tódalas propiedades da Sareb se poñan a disposición da cidadanía para frear a escalada dos prezos de alugueiro.
Tras lograr o desafiuzamento do bloque de vivendas okupadas nas Abesadas que se materializou o pasado mes de novembro, o concello congratúlase do novo uso que terán os edificios. A Sareb procederá a transferilos ó estado para habilitar vivendas de alugueiro social.
Dende o concello agardan que a creación de máis vivenda pública contribúe a frear a suba dos prezos dos alugueiros que dificultan a fixación de poboación. Consideran que este é o camiño a seguir polo que demandan que tódalas propiedades da Sareb teñan o mesmo destino.











