A POBRA> A praia de Cabío acolleu unha xincana ambiental para concienciar ós máis pequenos sobre a importancia de coidar os ecosistemas mariños. Esta actividade, organizada polo concello da Pobra, está ligada ó distintivo da bandeira azul.
Co obxectivo de concienciar ás novas xeracións sobre o coidado dos ecosistemas mariños, o concello da Pobra organizou unha xincana ambiental na praia de Lombiña Cabío.
Os pequenos participantes tiveron ocasión de afondar en varios aspectos como os beneficios que outorga a bandeira azul ou as ameazas ás que están sometidas as praias a través de seis probas que completaron con éxito.
A iniciativa, promovida polo concello da Pobra, está ligada á concesión da bandeira azul, distintivo que ostenta a praia de Cabío.











