Noia estuda a viabilidade do centro de día na Chaínza por ser zona potencialmente...

A residencia da terceira idade de Ribeira non é o único proxecto afectado polo cambio de normativa que impide construír instalacións públicas en zonas potencialmente inundables. No caso do centro de día da Chaínza en Noia, o concello está a realizar as consultas oportunas para determinar a viabilidade do proxecto.

Ribeira amplía a súa oferta dixital este verán con tres cursos para mozos e...

Os ribeirenses disporán este verán dunha ampla oferta de cursos de informática. Ademais dos programas de iniciación e perfeccionamento para adultos, haberá tres campamentos dixitais dirixidos á mocidade.

Ribeira quenta motores para unha nova edición da Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico

Ribeira quenta motores para unha nova edición da Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico. A cita que chega este ano a súa sexta edición, desenvolverase entre o 20 e 0 22 deste mes de xuño. Celebrarase como é costume na praza de España coa participación dun total de trece marcas.

Os empresarios de Ribeira piden que se manteña un dos actuais pasos de peóns...

A Asociación de Empresarios de Ribeira demanda o mantemento dun paso de peóns entre a praza do Centenario e Miguel Rodríguez Bautista. O proxecto de reforma integral deste espazo contempla tan só un paso central, obrigando ós viandantes a dar un rodeo considerable para pasar dunha beirarrúa a outra.

150 corredores daranse cita na Carreira el Canario 5K en Ribeira

Uns 150 corredores tomarán parte na carreira ‘El Canario’ 5K que se disputará en Ribeira o 22 de xuño. Ademais da categoría absoluta haberá modalidade por parellas e zapatilla inclusiva así como probas para os máis pequenos.

Familias da ABE protagonizan a nova campaña de consumo local da ABE

As familias de Boiro son as protagonistas da nova campaña promovida pola ABE. O obxectivo é promover as vendas no comercio de proximidade concienciando sobre as vantaxes sociais e económicas de mercar nas tendas locais.

Comezan as obras de pavimentación e mellora da accesibilidade en Vistafermosa

O concello de Noia inviste 230 mil euros na mellora da rúa de Vistafermosa ó cruceiro de Barro. Ademais da nova pavimentación e mellora da accesibilidade procederase á renovación das canalizacións de auga e saneamento.

Ribeira busca crear unha canteira audiovisual de mozos a través do obradoiro Sen Filtros

O concello de Ribeira oferta este verán unha nova actividade audiovisual para a mocidade. Trátase do obradoiro de creación ‘Sen Filtros’ que se desenvolverá a partir do 28 de xuño na Casa da Xuventude.

A taxa de criminalidade sitúase en Rianxo nos 23 delitos por cada mil habitantes

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu esta mañá en Rianxo, xunto co alcalde, Julián Bustelo, a reunión da Xunta Local de Seguridade. Na xuntanza analizáronse os datos relativos ás medidas de seguridade cidadá no municipio e abordouse os dispositivos especiais de cara ó inicio da temporada estival.

O Torneo Solidario de Fútbol Base Congalsa recadou preto de dez mil euros para...

O Torneo Internacional Congalsa de Fútbol Base, celebrado na Pobra durante a última fin de semana de maio, conseguiu recadar preto de dez mil euros. Serán entregados á Fundación Aladina que traballo con nenos pacientes de cancro e as súas familias.

REDES SOCIAIS

40,739FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete