O concello de Ribeira habilita un novo aparcadoiro gratuíto na Avenida de Ferrol

RIBEIRA> Xa está operativo o novo aparcadoiro que o concello de Ribeira habilitou na Avenida de Ferrol. Trátase dunha explanada con capacidade para un cento de vehículos que se sitúa a apenas uns minutos a pé do casco urbano.

O concello de Ribeira segue a habilitar espazos para o aparcamento e favorecer a mobilidade no centro da vila. O último, que xa está en servizo, atópase na Avenida de Ferrol, moi preto do centro urbano e con capacidade para un cento de vehículos.

Ademais destes seis aparcadoiros, os veciños dispoñen tamén de novas as prazas de estacionamento habilitadas tanto en Rosalía de Castro como na Rúa Romero Ortiz que permiten aparcar durante un tempo limitado nas proximidades das zonas comerciais.

O obxectivo do concello é incrementar os espazos gratuítos para o estacionamento, especialmente en época estival cando a presenza de visitantes e a organización de numerosos eventos festivos fan necesario contar con máis prazas de aparcamento.