RIANXO> Aínda que é un tema no que o Concello non ten competencias, os socialistas entenden que é o suficientemente importante como para ter que abordalo, de aí da súa solicitude dun pleno extraordinario que se celebrará o vindeiro 31 deste mes de xullo.
Para os socialistas hai motivos máis que suficientes, xa que a calidade educativa na actualidade no municipio non é a máis idónea a escasas semanas do inicio dun novo curso.
Entre outras cuestións reclaman que se cumpran as ratios legais nas escolas que contan con alumnado con necesidades especiais e se dote axeitadamente de profesorado especializado ós centros que o precisan.
Outra das cuestións que se abordarán neste pleno será a situación do servizo municipal de atención temperá, un servizo para eles prioritario, ó que o executivo local non lle presta a atención que precisa.











