Ata un mes de espera para conseguir cita en atención primaria

RIBEIRA> Ducias de persoas volveron concentrase ás portas do centro de saúde de Ribeira para denunciar a falla de profesionais. Na actualidade, a falla de cobertura de vacantes unida ás vacacións, fai que a lista de agarda para ser atendido en primeira chegue a demorarse ata un mes.

O tempo de espera para conseguir unha cita no centro de saúde de Ribeira pode chegar a alongarse ata tres semanas ou mesmo un mes. As vacacións dalgúns médicos, unidos ás vacantes sen cubrir e ó incremento da poboación durante o verán que engade maior presión asistencial, fan que os recursos sexan mínimos.

Como cada xoves, a plataforma en defensa da Sanidade Pública volveu saír á rúa para denunciar a situación e esixir a incorporación de profesionais que garantan unha asistencia de calidade.

Mañá volverán protestar, esta vez en Aguiño, onde tan só contan cun médico a tempo parcial.