RIBEIRA> A parroquia de Aguiño vestiuse de gala neste día do Carme para render homenaxe á patroa dos mariñeiros.
Preto da unha da tarde, a imaxe da Virxe chegaba a porto escoltada por unha multitudinaria comitiva.
Alí agardábana tamén numerosos veciños e visitantes que non dubidaron en embarcarse nos numerosos barcos que saíron en procesión polo mar.
Ademais do catamarán habilitado polo Concello, sumáronse ó percorrido pola ría varios pesqueiros e barcos de recreo así como embarcacións tradicionais que participan no encontro que se celebra esta semana en Ribeira.
A xornada rematou cunha ofrenda floral en homenaxe a Juan Antonio García ‘Pichón’, mariñeiro desaparecido no naufraxio do Argos Georgia hai agora un ano.
Foi a súa nai xunto co concelleiro do Mar a encargada de arroxar a coroa ó mar en lembranza deste veciño tan querido no municipio.











