Irene Lourido gaña o certame de novela curta Cidade de Ribeira con ‘O lado...

A xornalista Irene Lourido faise coa décima edición do certame de novela curta ‘Cidade de Ribeira’. A súa obra titulada, O lado nobre do corazón, foi elixida por unanimidade entre as 20 presentadas ó concurso nesta edición.

Ribeira trasladará as atraccións das festas ó Malecón para evitar as sancións de Portos

O concello de Ribeira busca un emprazamento alternativo as atraccións das festas do verán trala negativa de Portos a autorizar a instalación no recheo A opción mellor valorada polos feirantes é instalarase na avenida do Malecón

Avanza a Mesa da Infancia e Adolescencia de Ribeira cunha comisión de cultura, ocio...

A Casa da Mocidade acollía esta mañá a xuntanza da Comisión de Ocio, Deporte e Cultura da Mesa da Infancia e Adolescencia. Forma parte dunha serie de mesas de traballo que buscan desenvolver iniciativas que favorezan a seguridade e o benestar da mocidade en tódolos ámbitos.

Un simulacro proba en Rianxo a capacidade dos medios ante un incendio forestal de...

Rianxo acolleu esta mañá un simulacro de Activación do Plan Especial de Protección Civil ante emerxencias por incendios forestais en Galicia, e o seu paso a situación 2, con afección á poboación.

Os afeccionados ós xogos de rol teñen unha cita o 12 de setembro en...

A Concellería de Turismo de Ribeira programou unha innovadora iniciativa para o Día de Santa Uxía. Consistirá nun xogo de rol co Parque Natural de Corrubedo como escenario dirixido a uns 30 participantes.

Nova concentración en Ribeira pola cobertura das prazas de médico

O centro de saúde de Ribeira volveu ser escenario dunha nova concentración pola sanidade pública. A plataforma reclama a incorporación de médicos para garantir un sistema de atención primaria de calidade.

Récord de candidaturas presentadas á sétima edición dos Premios PEL

Os Premios PEL da Deputación baten récord de participación, con un total de 127 candidaturas presentadas. Repartiranse uns 75 mil euros en premios, valorando aqueles proxectos destacados polo seu talento emprendedor, a traxectoria empresarial e a innovación sostible. O gala de entrega dos Premios PEL terá lugar o vindeiro 20 de xuño no Campus Tecnolóxico de Cortizo, en Padrón.

Serra do Barbanza fixa como prioridade manter os postos de traballo na planta de...

Os concellos da Mancomunidade Serra do Barbanza seguen a traballar na busca dunha solución alternativa que garanta a continuidade da planta de Servia. Na próxima reunión da xunta directiva abordarase os futuros usos da instalación que poderían pasar pola xestión de residuos da construción ou dos puntos limpos.

Boiro celebra este sábado a súa ‘Noite Aberta’

Chega a Boiro unha nova edición da Noite Aberta. A actividade será xa este vindeiro sábado. Ese día as tendas abrirán ata as dez da noite con descontos , animación e sorteos de regalos entre os clientes participantes.

A Deputación financiará integramente o proxecto do vial de Berres ó Saltiño

O alcalde de Boiro, Xosé Ramón Romero,  valorou de xeito moi positivo a xuntanza mantida hai varios días co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, ó que lle presentaron o proxecto definitivo de construción do novo vial entre o Saltiño e Berres. Segundo o rexedor trátase dunha actuación importante, que pasará dos dous millóns de euros, financiada o 100% polo organismo provincial, que servirá para desconxestionar o tráfico no casco urbano, ademais de mellorar a conexión entre as parroquias de Cabo de Cruz e Abanqueiro.

REDES SOCIAIS

40,739FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete