Noia prepárase para revivir o seu pasado medieval

NOIA> É unha das celebracións con maior repercusión das que se celebran na vila, xunto coa festa de San Marcos, razón pola que o Concello trata de implicarse cada ano para que non falte o máis mínimo detalle.

Como en edicións anteriores, serán tres días de feira, dende o venres 18 ó domingo 20, cun desenvolvemento similar ó das últimas edicións, mesturando o tradicional mercado con espectáculos itinerantes polo casco antigo ou o torneo medieval, sen esquecer tampouco o desfile de fachos.

Dende o Concello poñerán especial énfase un ano máis na seguridade, e como ven sendo habitual nas últimas edicións, ós corpos e forzas de seguridade do estado e a Policía Local, reforzarase a vixilancia da feira con seguridade privada, co fin de evitar posibles incidentes.

Dende o Concello afrontan esta 26 edición da feira con moita  ilusión agardando a que o tempo acompañe para tratar de atraer o maior número de público posible, co fin de seguir consolidando esta cita festiva como un dos referentes a nivel autonómico.