Noia estrea albergue de peregrinos na Chainza

NOIA> O edificio, situado nunha das naves da antiga fábrica de curtidos da Chaínza xa está rematado e listo para o seu uso.

A súa rehabilitación integral foi posible grazas a unha subvención dos fondos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, e do propio Concello, cun investimento de preto 500 mil euros.

Converterase no primeiro albergue do Camiño de Muros Noia cara Santiago.

O edificio está totalmente equipado. Dispón de 25 prazas, ademais de baño e duchas accesibles, cociña e lavandería.

Agora o Concello ten intención de darlle continuidade ó proxecto de rehabilitación das naves da Chaínza, a través dunha nova licitación para a reforma doutro dos edificios existentes para convertelo na Factoría da Mocidade.