RIANXO> Sete nenos saharauis están a pasar o verán en Rianxo no marco do programa Vacacións en Paz que promove SOGAPS. Os cativos e as súas familias de acollida foron recibidos na casa do concello por membros da corporación municipal.
A pesar de que Rianxo é un pobo pequeno en termos poboacionais, cada ano sitúase entre os concellos galegos con máis nenos saharauis en acollida durante o verán. Isto é posible grazas ó programa Vacacións en Paz que desenvolve a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
Os sete cativos terán ocasión de gozar do verán en Rianxo, afastados das altas temperaturas dos campos de refuxiados nos que residen o resto do ano. Participarán en actividades municipais e disfrutarán de tempo de lecer coas súas familias de acollida. Unha delas é a andaina solidaria programada para o 2 de agosto.
Ademais da recepción, os representantes do concello fixéronlle entrega ós cativos dun agasallo desexándolle unha feliz estadía en Rianxo.











