Huecco, Galician Army e Kiko Veneno actuarán este verán en Ribeira
Huecco, Galician Army e Kiko Veneno actuarán este verán en Ribeira. As actuacións, todas elas de balde, estan organizadas pola concellería de Festexos e enmarcaranse nas Festas do Verán e nas de Santa Uxía.
Rianxo avanza na licitación do proxecto de reforma do Museo do Mar
Rianxo acometerá nos próximos meses a rehabilitación e renovación integral das instalacións do Museo do Mar. A actuación, cun orzamento duns 250 mil euros, enmárcase dentro do Plan de Sostibilidade Turística, con financiamento europeo, que vai executar a Mancomunidade Barbanza-Arousa.
Rouban nunha cetárea e nun bar en Carreira
A Policía Nacional de Ribeira investiga varios roubos cometidos en dous establecementos situados na parroquia de Carreira a escasos metros un do outro, na cetáreao Vilas es Mar e no bar La Taberna del Argentino. Nos dous casos o ‘caco’ puido facerse cunha boa cantidade de diñeiro que os donos dos establecementos deixaran nos locais. Todo apunta a que podería tratarse da mesma persoa.
Noia acolle este verán o II Campus da Fundación Celta
Noia acollerá por segundo ano consecutivo o Campus de Verán da Fundación Celta. Será do 30 de xuño ó 4 de xullo. A actividade, para a que xa está aberta a súa inscrición, está dirixida a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.
Monitoras da Pobra denuncia a privatización do servizo de conciliación
Varias traballadoras do concello da Pobra denuncian a privatización do servizo de conciliación. Ademais da ocultación de información por parte da administración, entenden que a calidade do servizo se verá afectada trala súa adxudicación a unha empresa privada.
Ribeira recoñece os éxitos do patinador local Eizan Calo
O concello de Ribeira homenaxeou este mediodía a Eizan Calo, un xoven patinador local, que vén de proclamarse Subcampión de Europa na localidade italiana de Trieste. Dende o Concello desexáronlle tamén a maior das sortes nos seus próximos compromisos. Precisamente, xunto a súa irmá Ella, participará esta fin de semana en Barcelona no Campionato de España por parellas.
O BNG de Noia esixe a posta en marcha do protocolo antiacoso e un...
O BNG de Noia levará a pleno unha serie de iniciativas solicitando o cumprimento dos acordos cos traballadores. Refírense principalmente á aplicación do protocolo antiacoso e a posta en marcha dun plan de igualdade.
O concello de Ribeira encargará un informe sobre a viabilidade de construír a residencia...
O concello de Ribeira insta á Xunta a manter o compromiso de dotar ó municipio dunha residencia da terceira idade. Trala paralización do proxecto previsto nas Saíñas por tratarse dunha zona potencialmente inundable, tenden a man na busca de novos terreos que permitan albergar este servizo público tan necesario para toda a comarca.
Noia recibe por todo o alto ó seu equipo de primeira
Multitudinaria recepción a brindada onte polos noieses ó seu equipo de fútbol sala tras lograr a permanencia en Primeira División. Xogadores, técnicos e directivos do Noia Portus Apostoli recibiron o apoio e gratitude da súa afeccións.
A Pobra convoca un concurso de arquitectura para definir o futuro da súa fachada...
O concello da Pobra convocará un concurso público durante o mes de xuño para deseñar a futura fachada marítima do municipio. Será en colaboración coa Fundación RIA e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

















