RIBEIRA> A parroquia de Aguiño quenta motores para acoller as súas festas na honra da Virxe do Carme. Catro xornadas de celebracións cun amplo programa para tódolos públicos no que a procesión marítima será o acto central.
As festas do Carme de Aguiño levarán á parroquia ribeirense unha chea de actividades durante catro días. Darán comezo o 16 de xullo cun pregón sorpresa.
As celebracións prolongaranse ata o 19 de xullo con citas para tódalas públicos, como a sardiñada popular, e orquestras de primeiro nivel.
Unha das cita máis destacadas é a procesión marítima. O concello habilitou un catamarán con 400 prazas para que os veciños poidan sumarse á comitiva na que participarán tamén diversos barcos pesqueiros e de recreo así como numerosas embarcacións tradicionais que participarán no encontro que durante eses días se celebrará en Ribeira.
A procesión será este ano aínda máis emotiva se cabe posto que renderá homenaxe a Pichón, desaparecido no naufraxio do Argos Georgia.











