O BNG esixe maior compromiso da Xunta para ‘salvar’ a planta de compostaxe de...
O BNG vén de mostrar a súa postura respecto ó futuro da mancomunidade Serra do Barbanza, xa que todo apunta a que está abocada ó peche. Os nacionalistas esixen un maior compromiso por parte da Xunta de Galicia para poder salvar a planta e con ela, ós máis de 130 empregados que a día de hoxe traballan nela.
A Xunta solicita ó concello de Ribeira novos terreos para a residencia ante a...
A Xunta de Galicia solicita ó concello de Ribeira a busca de novos terreos para a futura residencia. Finalmente non poderá emprazarse na parcela das Saíñas por mor dos cambios na normativa estatal ó tratarse dunha zona potencialmente inundable.
Medio Ambiente implica á mocidade na conservación natural a través do concurso ‘Parque Vibras’
As Conselleiras de Medio Ambiente e de Política Social participaron esta mañá na entrega de premios do Concurso Parque Vibras. Os equipos dos tres centros educativos premiados recolleron os galardóns nun acto celebrado no Centro de Interpretación do Parque Natural de Corrubedo.
O BNG esixe á Xunta un informe sobre o impacto socioeconómico de Altri na...
O BNG pide á Xunta de Galicia un informe sobre o impacto socioeconómico de Altri sobre os concellos da ría de Arousa. Máis aló do impacto ambiental, os nacionalistas alertan das negativas consecuencias sobre os miles de postos de traballo directos e indirectos que xera a actividade bateeira e marisqueira en Arousa.
O CIFP Coroso dá a coñecer a súa oferta formativa a través das Xornadas...
O Centro Integrado de Formación Profesional de Coroso, en Ribeira, acolle esta semana unhas xornadas de Orientación Profesional. Ademais de divulgar a oferta formativa que ofrece o centro, organizaranse visitas guiadas para dar a coñecer as súas instalacións.
Ribeira presenta a XXV Mostra de Teatro Infantil
Ribeira acollerá un ano máis a mostra de teatro infantil que chega a súa 25 edición. A cita será do 27 ao 31 de maio no auditorio municipal.
Somos Refuxio Barbanza convoca unha vixilia solidaria por Palestina
Ribeira acollerá este sábado unha vixilia solidaria contra o xenocidio en Palestina. Está convocada polo colectivo Somos Refuxio do Barbanza. Desenvolverase na Porta do Son con actividades culturais e informativas.
O Torneo Internacional de Fútbol Base da Pobra encherá o Barbanza esta fin de...
Esta vindeira fin de semana terá lugar na Pobra unha nova edición do Torneo Internacional Congalsa de fútbol base a favor da Fundación Aladina. Un torneo que ano tras ano está a cobrar un maior renome. A cita reunirá a un total de 39 equipos de categoría alevín, procedentes das mellores canteiras, non só de ámbito nacional senón tamén internacional.
Veciños e comerciantes denuncian a proliferación de ratas no centro de Ribeira
Preocupación entre veciños e comerciantes ante a proliferación da ratas no centro de Ribeira. Denuncian que os roedores chegan a entrar ó interior dos establecementos comerciais polo que piden ó concello que tome medidas.
Rianxo renova as luminarias do paseo marítimo
O executivo rianxeiro iniciaba esta semana as obras da primeira fase do proxecto de renovación das luminarias do paseo marítimo. A actuación afecta ó tramo comprendido entre Setefogas e a Carballeira.

















