POBRA> Este mediodía a concelleira de Turismo, Esfanía Ramos, e o concelleiro de Deportes, Eloy Sobrido, procederon ó izado simbólico do distintivo, coincidindo co inicio da tempada de verán.
Dende o Concello destacaron a importancia de dispor deste recoñecemento que se outorga en base a unha serie de rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos, e dá conta do esforzo que se realiza dende o Concello para garantir que a praia, un dos principais reclamos turísticos do municipio, estea nas mellores condicións posibles para recibir a veciños e visitantes.
Por segundo ano consecutivo, a bandeira azul estará moi presente neste areal.
Unha praia que destaca pola calidade das súas augas e os servizos que ofrece entre os que se atopan unha ampla zona de estacionamento, posto de salvamento, parque infantil, baños públicos, restaurantes e outros servizos de actividades náuticas.











