O Museo de Ribeira amplía a súa programación durante o verán

RIBEIRA> O concello de Ribeira promove unha serie de actividades ó longo deste verán que dan continuidade á programación anual do museo municipal. Trátase das visitas teatralizadas das Heroínas de Sálvora e o obradoiro ‘Cóntoche un traxe’.

Co obxectivo de poñer en valor as coleccións permanentes con que conta o museo municipal de Ribeira, o concello ampliará a programación con varias sesións de dúas das súas principais actividades.

Seguirán durante os meses de xullo, agosto e setembro as visitas teatralizadas sobre as Heroínas de Sálvora a cargo dunha das súas protagonistas.A outras das propostas, con dúas datas para este verán, é o obradoiro ‘Cóntoche un traxe’ impartido por Montse Rivera, en dúas sesión previstas para o 10 e xullo e o 19 de agosto.

As actividades son de balde e requiren un mínimo de doce persoas. Dende o Museo están abertos a programar novas datas baixo demanda.